Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19464

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de abril de 2015 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/44/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/44/2014-RP1 ditou, o 25 de marzo de 2015, resolución pola que se notifica a apertura dun período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/44/2014-RP1, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación no lugar de Cima de Mende, no termo municipal de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a Manuel Fernández Vázquez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística