Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de maio de 2015 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/65/2015-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 9 de abril de 2015, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/65/2015-RP1, en relación coas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha nave, en execución no momento da visita de inspección, de planta rectangular e cuberta a unha auga de panel de sandwich sobre vigas e correas metálicas, cunha estrutura vertical resolta por piares de formigón, con catro pórticos e cunha soleira de formigón no chan, destinada, en principio, ao apoio dunha explotación agropecuaria, situada no lugar de Galegos de Diomondi, no termo municipal do Saviñao, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Rodolfo C. Fuentes Flores, en representación dos veciños do lugar Diomondi, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística