Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 24 de abril de 2015 polo que se fai pública a Resolución do 23 de abril de 2015, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente a delimitación da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-154, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 1+440 e 2+100.

Con data do 23 de abril de 2015, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas emitiu resolución de aprobación definitiva da delimitación da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-154, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 1+440 e 2+100, co seguinte contido:

«Antecedentes:

1. O 13 de xaneiro de 2015 asínase o informe da Área de Planificación e Programación para iniciar a tramitación do expediente de redución extraordinaria da liña límite de edificación, ao cal se fai referencia no encabezamento deste informe, segundo o previsto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

2. Mediante Resolución do 15 de xaneiro de 2015, a dirección da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, ao abeiro do establecido no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, con carácter provisorio a delimitación anterior, e resolveu tramitala segundo o procedemento establecido no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado por Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro.

3. A delimitación provisoria foi sometida a información pública, polo prazo de trinta días hábiles, mediante Anuncio do 19 de xaneiro de 2015, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 26, do luns 9 de febreiro de 2015, e no taboleiro de anuncios do Concello de Piñor, a fin de que calquera persoa física ou xurídica formulase as alegacións que estimase pertinentes.

4. O expediente estivo exposto ao público en días e horas hábiles de oficina nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela e na Casa do Concello de Piñor.

5. Mediante Informe do 25 de marzo de 2015, a Área de Planificación e Programación indicou que non se presentaron alegacións durante o período de información pública da delimitación provisoria e que tampouco foi emitido informe ningún ao respecto, por parte das entidades locais consultadas.

Consideracións legais:

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas é competente para resolver o expediente de delimitación da liña límite de edificación previsto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, ao abeiro do indicado no artigo 85.4 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, por analoxía coa estrutura da Administración xeral do Estado.

Visto todo o que antecede e, en particular, o informe de resposta da Área de Planificación e Programación,

RESOLVO:

Aprobar, ao abeiro do establecido no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, con carácter definitivo, a delimitación da liña límite de edificación da estrada autonómica OU-154, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 1+440 e 2+100, segundo o plano que se xunta, que supón as seguintes reducións, con respecto á establecida con carácter xeral na antedita lei:

1. Pola marxe dereita redúcese a liña límite de edificación de 15 metros.

a) A 13 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+440 e 1+530.

b) A 8 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+530 e 1+580.

c) A 11 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+580 e 1+800.

d) a 8 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+800 e 2+040.

2. Pola marxe esquerda redúcese a liña límite de edificación de 15 metros.

a) A 7,5 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+510 e 1+570.

b) A 11 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+570 e 1+660.

c) A 6 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+660 e 1+840.

d) A 7 metros desde o eixe da estrada, entre os puntos quilométricos 1+840 e 2+040.

e) A 6,5 metros desde o eixe da estrada, entre los puntos quilométricos 2+040 e 2+100.

Contra esta resolución de aprobación, con carácter definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo establecen os artigos 116.1º e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Porén, poderase impugnar directamente o acto que se notifica ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa (artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro). Para tal efecto, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

No caso de que se interpoña o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se teña producido a desestimación presunta do recurso de reposición interposto».

O que se fai público para o seu xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas