Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Luns, 18 de maio de 2015 Páx. 19495

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de servizo de tanatorio-crematorio.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 12 de marzo de 2015, acordou aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas para a instalación do servizo de tanatorio-crematorio, tramitado por instancia de Funeraria Mariano, S.L., tendo en conta a documentación incorporada con data do 10 de febreiro de 2015 en relación con requerimentos efectuados por distintos departamentos da Xunta de Galicia. O que se fai público novamente durante o prazo dun mes, contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 86.1.A da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos das posibles alegacións que se consideren procedentes.

O expediente queda de manifesto, durante o prazo sinalado, no Servizo de Urbanismo deste concello.

Betanzos, 16 de abril de 2015

José Ramón García Vázquez
Alcalde presidente