Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19648

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de abril de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai público o inicio do procedemento de reintegro de axudas ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo), relativa ao expediente TR341D 2011/1421-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta xefatura territorial.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 27 de abril de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/1421-2.

Nome: María Cachaldora Castro.

DNI/NIF: 43361132S.

Último enderezo coñecido: avenida Benito Pérez Galdós, 1, 4º B, 28806 Alcalá de Henares, Madrid.

Feito imputado: non manter a actividade que fundamente a concesión durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da orde de convocatoria.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.