Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de abril de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican os acordos do inicio de reintegro das subvencións das iniciativas emprendedoras e de emprego, reguladas na Orde do 7 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 92, do 18 de maio), relativa ao expediente TR340K 2010/48-1 e catro máis.

Intentada a notificación destes acordos e non sendo posible a súa práctica, ao seren devoltos polo servizo de Correos, mediante esta cédula notifícaselles ás sociedades interesadas o contido das resolucións que figuran no anexo, ao abeiro do indicado nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para facer as alegacións e achegar os documentos que consideren máis convenientes aos seus intereses, no prazo de 15 días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Lémbraselles tamén o dereito que teñen a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Salvador de Madariaga, número 9, 1º, na Coruña, e a obter, de ser o caso, copia deste acordo, segundo o disposto na letra a) do artigo 35 da antedita Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de abril de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR340K 2010/48-1.

Nome: Servicios de Interiorismo y Soluciones Técnicas en Mobiliario, S.L.

Último enderezo coñecido: praza Alcalde José Mosquera Díaz, 1, 4º B, 15142 Arteixo.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da subvención á xeración de emprego estable.

Expediente: TR340K 2010/49-1.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da subvención para o inicio da actividade.

Expediente: TR340K 2010/65-1.

Nome: Vida Ascensores, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 7, baixo C, 15008 A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da subvención á xeración de emprego estable.

Expediente: TR340K 2010/66-1.

Nome: Vida Ascensores, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 7, baixo C, 15008 A Coruña.

Feito imputado: incumprimento de obrigas.

Precepto infrinxido: o artigo 20.4 da Orde do 7 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da subvención para o inicio da actividade.

Expediente: TR340K 2010/67-1.

Nome: Precopan 2010, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Santa Lucía, 34, baixo, 15145 A Laracha.