Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 23 de abril de 2015, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas dos expedientes sancionadores 004/15 e 039/15).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que se citan a seguir as aperturas de expedientes sancionadores instruídos por infraccións da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 004/15.

Denunciada: Promocións e Obras Montecelo, S.L.

Enderezo: r/ Do Campo Santo 24, 36004 (Pontevedra).

Nº de expediente: 039/15.

Denunciada: Dolores Vázquez Iglesias.

Enderezo: r/ Rosalía de Castro 10-2º A, Barrantes, 36636 Ribadumia (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (r/ Fernández Ladreda 43,1º, edificio administrativo, 36003 Pontevedra), e presentar ante o citado servizo as alegacións que consideren pertinentes.

Pontevedra, 23 de abril de 2015

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra