Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo suxeito a regulación harmonizada para o deseño, desenvolvemento, implementación e soporte dunha aplicación informática para a xestión de emerxencias do novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, prioridade 53.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21712

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.14.SE.022.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: a posta en marcha da nova ferramenta tecnolóxica para a xestión integrada das emerxencias que dará soporte aos servizos que prestará o novo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia con sede no concello da Estrada.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE 2014/S 238-419280, do 10.12.2014; BOE núm. 304, do 17.12.2014, e DOG núm. 239, do 15.12.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: documentalmente simplificada e ordinaria.

b) Procedemento: aberto, atendendo a varios criterios de adxudicación.

4. Orzamento base de licitación: importe neto: 845.516,76 €, importe total: 1.023.075,28 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2015.

b) Data de formalización: 30 de abril de 2015.

c) Adxudicatario: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 629.939,00 €, importe total: 762.226,19 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2015

Juan José Muñoz Iglesias
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias