Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19711

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO do 12 de maio de 2015 de convocatoria dun posto de traballo de técnico/a en infraestruturas.

No Boletín Oficial da Provincia núm. 88, do 12 de maio de 2015, publicáronse as bases da convocatoria dun posto de traballo de técnico/a de infraestruturas vacante no cadro de persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra, incluído na oferta de emprego público do ano 2015.

A presentación de solicitudes poderá efectuarse, ben no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de maio de 2015

P.D. (Resolución 2013010258, do 29.5.2013)
Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada