Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19712

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Rexistro Mercantil e de Bens Mobles de Pontevedra

ANUNCIO de notificación.

Neste Rexistro Mercantil tramítase expediente número 10/2015, no que Pablo Castro da Rocha solicitou, de conformidade co artigo 359 do R.R.M., o nomeamento de auditor para o exercicio 2014 da entidade Nube Comunicaciones, S.L.

O 23 de febreiro de 2015 notificouse á sociedade, no seu domicilio, avda. Val Miñor, 46, 3º F, 36350 Nigrán. A notificación foi devolta por Correos como «Ausente na repartición».

O 17 de marzo de 2015 notificouse novamente á sociedade, no seu domicilio, avda. Val Miñor, 46, 3º F, 36350 Nigrán. A notificación foi devolta por Correos como «Ausente na repartición».

Para continuar a tramitación do expediente, procédese a notificar a Nube Comunicaciones, S.L., conforme o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que poida alegar o que ao seu dereito conveña.

Pontevedra, 22 de abril de 2015

Vicente Artime Cot
Rexistrador mercantil I