Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19702

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de prestación de servizos de portaría e conserxaría do Complexo Deportivo de Sigüeiro.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: correo@oroso.dicoruna.es.

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com.

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata dous días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/035.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizos de portaría e conserxaría do Complexo Deportivo de Sigüeiro.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación:

a) Para a prestación do servizo no horario ordinario, un prezo a tanto global de 45.765,72 euros máis IVE de 9.610,80 euros.

b) Para a prestación do servizo no horario extraordinario, un prezo unitario hora/apertura do complexo de 13,91 euros máis IVE de 2,92 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 121.384,00 €.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase cláusula 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 1588.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 12 de maio de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde