Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Martes, 19 de maio de 2015 Páx. 19705

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 8 de abril de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do Plan especial da Colonia Histórica de La Soledad (expediente 13842/411).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 23 de marzo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial da Colonia Histórica de La Soledad, redactado en marzo de 2015 pola Oficina de Planeamento e Xestión (versión V.1) a iniciativa municipal, en cumprimento da Resolución do vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo do 27.7.2012.

Segundo. Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous xornais de maior circulación da provincia.

Terceiro. Acordar, de acordo co artigo 77.2 da Louga, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que este está conformado polo ámbito definido no plano I.02 V1, escala 1/2000, do Plan especial da Colonia Histórica de La Soledad que será, así mesmo, obxecto da publicación referida no ordinal segundo deste acordo.

Cuarto. Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan especial da Colonia Histórica de La Soledad na sede electrónica do Concello de Vigo.

Quinto. Notificar o presente acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no catastro coa indicacion expresa de que ao tratarse dun simple acto de trámite non é susceptible de recurso».

Durante o período de exposición pública, o expediente estará á disposición do público en xeral, na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do Edificio da Xerencia de Urbanismo, Praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións coiden convenientes.

Vigo, 8 de abril de 2015

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

anexo

missing image file