Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19728

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 19 de maio de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 4 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2015.

Mediante a Orde do 4 de marzo de 2015 (DOG núm. 51, do 16 de marzo) establecéronse as bases e convocáronse para o ano 2015 as axudas para o fomento da utilización de maquinaria e en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015.

No artigo 24. Financiamento. No referente ao financiamento destas axudas, detállanse a aplicación orzamentaria e o importe económico previsto para elas, así como a posibilidade de incrementar a cantidade fixada anteriormente con fondos adicionais, comunitarios, estatais ou da comunidade autónoma, de acordo co establecido no apartado 2 do artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tendo en conta o elevado número e a dimensión das solicitudes de axuda que se recibiron e a necesidade dun maior financiamento, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente, coa finalidade de poder amparar as solicitudes de axuda presentadas, sempre que cumpran co establecido na orde desta consellería citada anteriormente.

En virtude do exposto, e de acordo co establecido no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e, no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro (DOG núm. 23, do 21 de marzo), reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Incremento dotación orzamentaria

Amplíase para o ano 2015 a dotación orzamentaria da Orde do 4 de marzo de 2015 (DOG núm. 51, do 16 de marzo), pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2015, nos seguintes importes e aplicacións dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015:

Importe

Proxecto

Partida orzamentaria

Inicial

4.000.000,00 €

2007-00425

2015-12-22-712C-7700

Incremento orzamentario

1.500.000,00 €

2007-00425

2015-12-22-712C-7700

Total

5.500.000,00 €

2007-00425

2015-12-22-712C-7700

Artigo 2. Recursos administrativos

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes desde a súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

Disposición adicional única

O incremento de crédito previsto no artigo único non afecta o prazo que se establece para a presentación de solicitudes de axuda na devandita Orde do 4 de marzo de 2015.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar