Advertidos erros no prego de prescricións técnicas para o lote 4, servizo de instalación de puntos de acceso á rede corporativa nas aulas dos centros educativos da referida contratación, cómpre facer as seguintes correccións:
No anexo III-Especificacións técnicas do sistema de cableado estruturado do prego de prescricións técnicas:
No referente ao armario de comunicación tipo A:
Onde di: «Dispoñerán de porta frontal e traseira dobres microperforadas con capacidade de ventilación >60 % e laterais extraíbles de fácil manipulación», debe dicir: «Dispoñerán de porta frontal e traseira, a frontal microperforada con capacidade de ventilación >60 % e laterais extraíbles de fácil manipulación».
No referente á conmutación de tráfico de rede de usuarios:
Onde di: «Soporte de NetFlow», debe dicir: «Soporte a protocolos de monitorización de tráfico de rede».
No referente á conmutación de tráfico de rede de usuarios:
Onde di:
«Capacidade de conmutación igual ou superior a:
• 200 Gbps Full-Duplex
• 100 Mbps de 64 bytes»,
Debe dicir:
«Capacidade de conmutación igual ou superior a:
• 50 Gbps Full-Duplex
• 40 Mbps de 64 bytes».
A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas para o lote 4, servizo de instalación de puntos de acceso á rede corporativa nas aulas dos centros educativos, remata o 11 de xuño de 2015.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia