Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 23 de abril de 2015 polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia (Da Silva Rodríguez, Janice e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, logo de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para ser notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Departamento Central de Recadación, en aplicación do establecido no artigo 25 do Decreto 202/2012, do 18 de outubro, polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia e se aproba o seu estatuto.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015

Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Interesado/a

NIF

Enderezo

Procedemento

Da Silva Rodríguez, Janice

Y0493242K

Lg. Nebrixe, 2, Bribes

Cambre

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Martínez Pérez, Mª Carmen

77001798Y

Lg. Pedornes, 69

36794 Oia

Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo

Lamas Sánchez, Carmen

35416420P

Lg. praia de Major, Noalla, 168

36680 Sanxenxo

Pontevedra

Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo