Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1397/12 por instancia de María Ascensión Vela Rodríguez contra CMB Consultoría de Valoración de Daño Corporal, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 24.4.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolución:
Estímase a demanda formulada por María Ascensión Vela Rodríguez fronte a CMB Consultoría de Valoración de Daño Corporal, S.L. e, en consecuencia, condénase CMB Consultoría de Valoración de Daño Corporal, S.L. a aboar á demandante a cantidade de oito mil setecentos catorce euros (8.714 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.
Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa CMB Consultoría de Valoración de Daño Corporal, S.L. expido e asino a presente.
A Coruña, 28 de abril de 2015
A secretaria xudicial