Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19881

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1028/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1028/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marta Purriños Rodríguez contra Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento, foi interposta por Marta Purriños Rodríguez contra a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que foi obxecto o 24 de setembro de 2014 e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Marta Purriños Rodríguez, no día de hoxe (26 de xaneiro de 2015), coa entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., e condeno a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 8.918,91 €.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Marta Purriños Rodríguez contra a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 6.160,55 euros brutos por salarios devindicados entre xuño e setembro de 2014, diferenzas salariais segundo convenio colectivo entre setembro de 2013 e setembro de 2014, e a compensación económica polas vacacións non gozadas do ano 2014, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fotocomposición y Montajes Mongraf, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de abril de 2015

A secretaria xudicial