Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente SV-A-01-2015).

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número do expediente: SV-A-01-2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de praias do Concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, con multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: 54.450 euros (IVE do 21 % incluído).

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: 15165 Bergondo.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 8 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación a presentar: a sinalada na claúsula 12ª do prego de claúsulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral. Estrada da Coruña, nº 12, 15165 Bergondo.

9. Criterios de adxudicación do contrato:

1) Oferta económica: ata 10 puntos.

2) Medios adscritos ao cumprimento do contrato: ata 10 puntos.

Nos termos contidos na cláusula 16ª do prego e coa ponderación que nela se sinala, publicados no perfil de contratante: www.bergondo.es .

10. Apertura das ofertas:

a) Data: o segundo día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es .

12. Gastos dos anuncios:

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas.

Bergondo, 14 de maio de 2015

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa