Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 20 de maio de 2015 Páx. 19984

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arbo

ANUNCIO da provisión do cargo de xuíz de paz titular.

O obxecto da presente convocatoria é a provisión do cargo de xuíz de paz titular deste termo municipal polo período de catro anos.

Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, contados a partir da última publicación da presente convocatoria no BOP ou no DOG.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do concello das 9.00 ás 13.00 horas.

Condicións legais dos aspirantes:

1. Ser español.

2. Ser maior de 18 anos.

3. Non estar incurso en ningunha das incapacidades recollidas no artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Documentación que cómpre presentar coa solicitude:

1. Certificación de nacemento, DNI ou fotocopia compulsada.

2. Certificación expedida polo Rexistro de Penados e Rebeldes e declaración complementaria referente a se se encontra inculpado ou procesado (artigo 2.1ª da Lei 68/1980).

3. Xustificación dos méritos que alegue o solicitante.

Arbo, 18 de marzo de 2015

Horacio Gil Expósito
Alcalde