Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 4 de maio de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica á persona interesada o requirimento de emenda das deficiencias da solicitude de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1922, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o requirimento de emenda no procedemento administrativo, que se detalla no anexo.

O que se pon no seu coñecemento para que proceda a emendar as deficiencias mencionadas no prazo de 10 días hábiles improrrogables, contados desde o seguinte ao que se realice a notificación de conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, con indicación de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución de arquivo.

Ourense, 4 de maio de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 201532ALUG00091T.

Responsable: Ubinelis Méndez Santana.

Enderezo: rúa Jesús Soria, núm. 36, 2º, 32002 Ourense.

Trámite que se notifica: emenda das deficiencias da solicitude de subvención. Anexo II. Aclarar a solicitante figura como casada, pero non achega documentación nin figura o cónxuxe no anexo.