Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación por procedemento aberto para a contratación do servizo de xestión integral de residuos xerados nos centros dependentes desta xerencia (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

4º. Teléfono: 981 33 45 14 e 981 33 67 62.

5º. Telefax: 981 33 45 51.

6º. Correo electrónico: contratacion.subministracions.ferrol@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día de presentación de ofertas, todos os días laborables de 9.00 a 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-15-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión integral de residuos xerados nos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes: un lote.

d) Lugar de execución/entrega: ver pregos.

e) Prazo de execución/entrega: nove meses.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 90520000-8; 90524400-0.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

– Oferta económica: ata 50 puntos.

– Medios aportados e organización do servizo: ata 30 puntos.

– Calidade do servizo: ata 15 puntos.

– Melloras achegadas para a xestión do servizo: ata 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 205.571,61 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 158.132,01 €; b) IVE: 15.813,20 €; c) Importe total: 173.945,21 €.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso: véxanse pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxanse pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso):

12. Outras informacións:

Ferrol, 5 de maio de 2015

P.D. (Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol