Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20265

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2015 pola que se modifica a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución do 19 de maio de 2015, do director xeral da Función Pública (DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

No anexo I da Resolución do 19 de maio figura, co número 1191, o posto con código MR.C99.10.000.15001.044 (páx. 19.865 do DOG). O dito posto fora adxudicado con carácter definitivo pola Resolución do 27 de febreiro de 2014 pola que se resolve o concurso para a provisión de postos vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2013 (páx. 9061 do DOG núm. 42, do 3 de marzo de 2014), sen que posteriormente quedase vacante, polo que debe ser excluído da relación de postos ofertados.

Doutra banda, advertiuse a omisión do posto con código TR.C99.10.101.36001.001, cuxa provisión por concurso específico (DOG núm. 92, do 15 de maio de 2013) foi substituída por concurso ordinario (DOG núm. 90, do 15 de maio de 2015). Xa que estaba prevista a publicación da modificación con anterioridade á publicación da resolución de convocatoria do concurso, na Comisión de Persoal do 13 de maio de 2015, na cal se aprobou o proxecto de orde de convocatoria, acordouse a inclusión deste posto na relación de postos que se van ofertar.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Excluír do anexo I da Resolución do 20 de maio de 2015 o posto:

Posto

Código do posto

Nv.

Grupos

Corpo/esc.

Adm. púb.

Denominación posto

Cons.

Centro
directivo

Centro
destino

Conc.

Titulacións requiridas

Formación específ.

Observ.

Puntuación mínima

1191

MR.C99.10.000.15001.044

12

C2

XERAL

AXG

POSTO BASE SUBGRUPO C2

MR

SERVIZOS PERIFÉRICOS

XEFATURA TERRITORIAL

A CORUÑA

15001

3.300

Segundo. Incluír no anexo I da Resolución do 20 de maio de 2015 o posto:

Posto

Código do posto

Nv.

Grupos

Corpo/esc.

Adm. púb.

Denominación posto

Cons.

Centro
directivo

Centro
destino

Conc.

Titulacións requiridas

Formación específ.

Observ.

Puntuación mínima

1309

TR.C99.10.101.36001.001

25

A1

A2

C1

XERAL

AXG

XEFAT. SECCIÓN

ADMINISTR.

TR

SERVIZOS PERIFÉRICOS

OFICINA LOCAL DE PONTEVEDRA

36001

4.600

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública