Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 22 de maio de 2015 Páx. 20267

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 15 de maio de 2015 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do citado decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I da presente orde.

Segundo. Poderán concorrer á citada convocatoria os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (Edificio Witland, rúa dos Camiños da Vida, s/n, 1º andar, 15781, Santiago de Compostela) e nos seus servizos provinciais; no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas súas delegacións territoriais, así como nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados da maneira indicada non serán tidos en conta.

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sexto. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo posesorio comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres (3) días hábiles ao da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e infraestruturas

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: Xefatura Servizo Provincial da Axencia en Ourense.

Código: MA.K19.10.000.32001.001.

Centro directivo: Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Localidade: Ourense.

Corpo ou escala: xeral/especial (escala Inspección Urbanística).

Grupo: A1.

Nivel: 28.

Adscrición Adm. P.: AXG.

Titulación académica: 2001-2004-2062 (Arquitectura; Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos; licenciado en Dereito).

Complemento específico: 12.518,28 €.

missing image file