Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 1 de xuño de 2015 Páx. 21392

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (215/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 215/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Ríos Rilo contra a empresa Bergondo Trucks, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza 254/2015.

Nº de autos: 215/2013.

A Coruña, 11 de maio de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuiz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, logo de ver os presentes autos sobre ordinario, entre partes, dunha e como demandante Pablo Ríos Rilo, representado pola letrada Helena María Fernández Pérez, e doutra, como demandada, Bergondo Trucks, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen malia estaren citadas.

Resolvo.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Pablo Ríos Rilo, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Bergondo Trucks, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 13.848,40 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % do xuro por mora.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que no día de hoxe, o maxistrado xuíz deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Mesma data que a sentenza. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Bergondo Trucks, S.L. en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2015

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial