Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21581

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública (CM-01/2015, do 30 de xaneiro) para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, dun posto de xefe de grupo-área de cociña.

Convocada pola Resolución CM-01/2015, do 30 de xaneiro (DOG núm. 37, do 24 de febreiro), a provisión dun posto de xefe de grupo-área de cociña polo sistema de concurso de méritos, esta Xerencia de Xestión Integrada, á vista das solicitudes e méritos acreditados polo aspirante, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe de grupo-área de cociña, realizada mediante resolución CM-01/2015, do 30 de xaneiro (DOG núm. 37, do 24 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interporse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 5 de maio de 2015

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefe de grupo-área de cociña.

Nome e apelidos: Víctor Manuel Soto Martínez.

DNI: **.***.119-N.

(*) Ocúltase  parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.