Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21583

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 3 de novembro de 2014 (DOG núm. 228, do 27 de novembro), da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía no Hospital da Costa, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde; en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, Decreto 55/2013, do 21 de marzo (DOG. núm. 66, do 5 de abril), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada das áreas de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía do Hospital da Costa realizada mediante Resolución do 3 de novembro de 2014.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décimo primeira da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, non prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 7 de maio de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: xefe da Sección de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía.

Nome e apelidos: Luis Ángel Montero Furelos.

DNI: 33269706E.