Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21716

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1296/2013).

Eu, Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos cales se ditou o seguinte:

(Sentenza nº 481)

Vigo, 2 de xullo de 2014

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1296/2013, sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Lucía Domínguez Rodríguez, representada pola procuradora dos tribunais Vanesa Núñez Martínez e con asistencia letrada de Syra María Ríos Costas contra Manuel López López, declarado en situación procesual de rebeldía, con base no seguinte:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais, Sra. Núñez Martínez, en nome e representación de Lucía Domínguez Rodríguez, contra Manuel López López, declarado en situación procesual de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Unha vez que sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa inscrición marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, perante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Ao se atopar o dito demandado, Manuel López López, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial