Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 3 de xuño de 2015 Páx. 21718

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (888/2012).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 888/2012 por instancia de David Pérez-Herrera Peña contra a empresa Pereira Bastida, S.L., cervexaría, e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 12 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estimo a demanda formulada por David Pérez-Herrera Peña contra Pereira Bastida, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Pereira Bastida, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de seiscentos setenta e seis euros con trinta e sete céntimos (676,37 euros) máis os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET).

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pereira Bastida, S.L., cervexaría, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de maio de 2015

A secretaria xudicial