Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21801

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a Resolución do 19 de maio de 2015 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante Resolución do 19 de maio de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 93, do 20 de maio), convocouse concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

Mediante Resolución do 29 de maio de 2015, da Consellería de Facenda, acordouse a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de maio de 2015 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia (DOG núm. 101, do 1 de xuño).

Nesta modificación da RPT amortízanse catro postos de traballo que foran ofertados no concurso cos números 140, 141, 142 e 143, polo que procede a súa exclusión.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas no artigo 1 da Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, modificada pola Orde do 26 de agosto de 2013, esta dirección xeral

RESOLVE:

Excluír no anexo I da Resolución do 19 de maio de 2015 os seguintes postos:

Posto

Código do posto

Niv.

Grupo

Corpo/esc.

Adm. púb.

Denomin. posto

Cons.

Centro directivo

Centro destino

Conc.

Titulacións
requiridas

Formación específ.

Observ.

Puntuación mínima

140

FC.A02.00.000.15770.003

25

A1A2

XERAL INSPECCIÓN E XESTIÓN FINANCEIRA E TRIBUTARIA. ESPECIALIDADE TÉCNICA DE INSPECCIÓN E XESTIÓN FINANCEIRA E TRIBUTARIA

AXG

XEFATURA DE EQUIPO

FC

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

15770

167

5.900

141

FC.A02.00.00.015770.020

14

C1C2

XERAL

AXG

XEFATURA DE EQUIPO

FC

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

15770

197,316

3.300

142

FC.A02.00.000.15770.025

14

C1C2

XERAL

AXG

XEFATURA DE EQUIPO

FC

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

15770

197,316

3.300

143

FC.A02.00.000.15770.026

14

C1C2

XERAL

AXG

XEFATURA DE EQUIPO

FC

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

15770

197,316

3.300

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública