Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21799

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as, convocado por Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 19 de maio de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 27 de febreiro do 2014 (DOG núm. 50, do 13 de marzo), modificada pola Orde do 24 de marzo do 2014 (DOG núm. 71, do 11 de abril) e pola Orde do 18 de decembro de 2014 (DOG núm. 245, do 23 de decembro), pola que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do terceiro exercicio.

Segundo. Declarar todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Terceiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3 se tivesen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependese para acreditar tal condición.

Cuarto. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

Fernando García-Fente Varela
Presidente do tribunal

Anexo
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos/as

Quenda de acceso libre:

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

1

71764703B

Llamazares García, María

15,74

12,58

18,30

Exenta

46,62

2

44463943K

Fernández Fernández, Jorge

13,19

14,36

15,00

Exento

42,55

3

44814421W

Bravo Pintos, Minia

12,34

14,86

14,70

Exenta

41,90

4

47367083D

Moar Dopico, María

13,61

12,33

13,50

Exenta

39,44

5

32833632M

Taboada Martínez, Mª del Rocío

11,70

10,92

16,50

Exenta

39,12

6

32782063W

Silva López, María Jesús

13,40

11,39

14,00

Exenta

38,79

7

32684773W

San Emeterio Santalla, Ruth María

12,12

14,03

12,50

Exenta

38,65

8

46912771Q

Seoane Fernández, Iria

11,06

13,11

14,40

Exenta

38,57

9

34263908A

López Ramudo, Javier

10,42

12,22

15,00

Exento

37,64

10

53166987A

González Domínguez, Almudena

13,61

12,17

11,50

Exenta

37,28

11

47365369C

Feijoo Rodríguez, Alberto

12,12

13,14

11,40

Exento

36,66

12

36169517Q

Suárez Massó, Belén

10,85

15,64

10,00

Exenta

36,49

13

34894962Y

Vieiro Triana, Daniel

12,76

10,97

12,30

Exento

36,03

14

77402821R

Sanmartín Chao, Manuel

11,06

10,44

14,00

Exento

35,50

15

46906400Q

Sánchez Pérez, Cristina

13,40

11,11

10,80

Exenta

35,31

16

32818309T

Carballal Mariño, Blanca

13,01

10,03

10,00

Exenta

33,04