Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21797

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se publica o plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 14 de novembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de decembro de 2014 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades, do 24 de novembro de 2014), esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

Resolve:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 25 de maio de 2015

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo pola Universidade da Coruña

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1).

1. Rama de coñecemento á cal se adscribe o título: Enxeñería e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

48

Optativas (OP)

6

Traballo fin de máster (TFM)

6

Total

60

3. Contido do plan de estudos.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Organización temporal

Curso

Hidrostática e Estabilidade

6

OB

1º cuadrimestre

Xestión Integral da Seguridade e a Protección

6

OB

Navegación Avanzada

6

OB

Manobra Avanzada

6

OB

Informática para a Xestión Náutica

3

OB

Meteoroloxía Náutica en Condicións Extremas

3

OB

Xestión e Control das Operacións de Carga

6

OB

2º cuadrimestre

Xestión do Negocio Marítimo e Proxectos

6

OB

Xestión de Inspeccións Náuticas

6

OB

Optativas (elixir 2 materias das cales se ofertan)

6

OP

Traballo fin de máster

6

TFM

O plan de estudos oferta as seguintes materias optativas, 6 materias de 3 créditos cada unha, 18 créditos en total, dos cales o alumnado ten que elixir 6 créditos, é dicir, 2 materias.

Materia

Créditos ECTS

Carácter

Particularidades do Dereito Marítimo

3

OP

Informática de Control

3

OP

Operación e Control Automático de Instalacións Marítimas

3

OP

Técnicas de Salvamento e Control de Avarías

3

OP

Mantemento do Casco

3

OP

Resistencia ao Avance e Propulsión

3

OP

4. Condicións de terminación.

Para obter o título de máster universitario en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo, o alumnado deberá superar 60 créditos ECTS distribuídos de acordo co punto 2.