Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2015/86-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Malpica de Bergantiños.

Domicilio social: Emilio González, 1, 15113 Malpica de Bergantiños.

Denominación: LMTS, CS e CT de 250 kVA para Edar Malpica de Bergantiños.

Situación: porto de Malpica de Bergantiños.

Características técnicas: CS de Compañía con 3 celas tipo CML, en edificio prefrabricado sito a 6 m do CT 15 CCSX. LMTS de conexión CS-CT: RHZ1 12/20 kV 1×95 mm2 Al de 200 m. CT con celas CML, CMP-F e CMM, en edificio prefabricado, sito a 200 m do CS, con transformador de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/400 V, refrixeración natural en aceite e grupo de conexión DYN11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña