Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Neda (expediente IN407A 2014/159-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Número de expediente: IN407A 2014/159-1.

Solicitante: Electra de Narahío, S.A.

Domicilio social: rúa Vista Alegre Doso, 15577 Narón.

Denominación: reforma de centro de distribución de Bouzarredonda.

Situación: concello de Neda.

Características técnicas:

No centro de transformación instalaranse os seguintes elementos e funcións:

1. Unha cela para os trafos de 630 a 24 kV.

2. 4 celas de interruptor automático con seccionador de corte en baleiro motorizado de 630 A, 24 kV e relé de protección con funcións de sobreintensidade (50-51/50N-51N) direccional de terra (67N), reenganche (79).

3. 2 celas entrada/saída de liña con interruptor-seccionador motorizado de 630 A, 24 kVC seccionador de posta de terra de accionamento brusco e detectores de presenza de tensión.

4. 1 cela con interruptor para unión de barras motorizado de 630 a 24 kV.

5. 1 cela de protección de trafo, entrada por barra á esquerda con fusibles fríos combinados adecuados para trafo de 15 kV/250 kVA e dispositivo de disparo a 230 VCA y de peche do interruptor de 630 a 24 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de maio de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña