Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21859

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de mantemento das instalacións térmicas instaladas nos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-15-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Teléfono: 982 29 62 29/6057/6047.

5º. Telefax: 982 29 65 92.

6º. Correo electrónico:

ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es ou fermin.janeiro.lopez@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-EIL1-15-008.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento das instalacións térmicas instaladas nos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

2º. Localidade e código postal: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.

f) Admisión de prórroga: si. Ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: noventa e tres mil trescentos sesenta euros (93.360,00 €).

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: trinta e oito mil novecentos euros (38.900,00 €). Importe total: corenta e sete mil sesenta e nove euros (47.069,00 €).

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.

2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero, nº 1, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.

4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero, nº 1, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27003.

d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso):

12. Outras informacións:

Lugo, 6 de maio de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos