Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a licitación, mediante un procedemento aberto e de tramitación ordinaria, dun arrendamento, sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles de dous equipamentos multifunción de alta e media produción para o servizo de reprografía do HULA (expediente AB-EIL1-15-007).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003)

4º. Teléfonos: 982 296 047/024/229.

5º. Fax: 982 296 592.

6º. Correo electrónico: contratacionadm.eoxi.lugo@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-15-007.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: mixto (arrendamento 75 %; mantemento 20 % e subministración sucesiva 5 %).

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, mantemento (incluída a instalación) e subministración de todos os funxibles (excepto o papel) de dous equipamentos multifunción de alta e media produción para o servizo de reprografía do HULA, pertencente a EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: HULA.

1º. Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 30121100-4.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 159.600,00 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 79.800,00 €. Importe total: 96.558,00 €.

6. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación, o dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación: HULA.

1º. Dependencia: Rexistro Xeral no 2º andar.

2º. Domicilio: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3º. Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección, 3º andar do HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 23 de abril de 2015

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos