Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015 pola que se procede á publicación do anuncio previo relativo á Civil UAVs Initiative, que ten por obxecto fomentar o uso dos UAV (vehículos aéreos non tripulados) na mellora da prestación dos servizos públicos a través de procedementos de contratación pública de innovación (CPI).

1. Entidade adxudicadora e datos xerais para a obtención da información:

– Organismo: Axencia Galega de Innovación.

– Dependencia que tramita o expediente: Área de Programas.

– Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Área de Programas.

b) Enderezo: rúa Airas Nunes, s/n, Conxo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) A data límite para a presentación das respostas á Civil UAVs Initiative é o 22 de xuño de 2015.

e) Os detalles da Civil UAVs Initiative poden descargarse, logo de inscrición, en www.civiluavsinitiative.com

f) Calquera outra información ou consulta poderá obterse mediante correo electrónico remitido a programas.gain@xunta.es

2. Obxecto dos contratos:

– Tipo: servizos de I+D, subministracións e servizos:

a) Descrición: a Xunta de Galicia está a promover a Civil UAVs Initiative, unha iniciativa estratéxica na cal se investirán ata 55 millóns de euros durante un período de catro anos, que ten como obxectivo fomentar o uso dos UAV (vehículos aéreos non tripulados) na mellora da prestación dos servizos públicos. A iniciativa localizarase na C.A. de Galicia e utilizarase o Aeródromo de Rozas dedicado aos UAV de uso civil.

O organismo de execución, Axencia Galega de Innovación (GAIN), poderá seleccionar durante o ano 2015 un ou máis socios estratéxicos tecnolóxicos industriais. O socio estratéxico é un operador económico de relevancia que desenvolverá, a través dun acordo de asociación para o desenvolvemento precomercial, un programa de I+D integral que contará cunha primeira contribución pública de ata 21 millóns de euros máis IVE. Posteriormente, poderán ser seleccionados os provedores e deseñadores de solucións e servizos concretos baseados en UAV nunha contorna real do sector público, cunha primeira inversión de ata 16 millóns de euros máis IVE.

O proceso fundaméntase na Directiva 2014/24/UE e na correspondente normativa de contratación pública e desenvolverase no marco das iniciativas de contratación pública de innovación. A primeira fase correspóndese cun proceso de compra pública precomercial de servizos de I+D; e a segunda fase, será posterior e poderá incluír a contratación de bens e servizos específicos baseados nas tecnoloxías innovadoras para UAVs. Estes procedementos poderán incluír actuacións de compra precomercial, compra pública de tecnoloxía innovadora e asociación para a innovación.

b) División por lotes: determinarase en cada convocatoria.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000 (servizos de investigación e desenvolvemento e servizos de consultaría conexos). Non obstante, a nomenclatura específica dos contratos determinarase en cada convocatoria.

3. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29 de maio de 2015.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación