Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21770

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

DECRETO 77/2015, do 21 de maio, polo que se declara ben de interese cultural a colección de ourivaría Álvaro Gil Varela.

A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, consciente de que a colección de ourivaría Álvaro Gil Varela é un elemento fundamental do patrimonio cultural moble galego tanto polos seus valores culturais artísticos, históricos e arqueolóxicos coma porque as pezas e materiais que a compoñen forman parte do imaxinario colectivo e identitario da sociedade galega, acordou, por medio da Resolución do 14 de outubro de 2013, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, incoar o expediente para a declaración de ben de interese cultural da colección Álvaro Gil Varela de ourivaría prerromana (DOG núm. 203, do 23 de outubro).

En relación co que dispón a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, para a tramitación da declaración de bens de interese cultural, e como se recolle na propia resolución pola que se incoa o procedemento, procedeuse coa publicación da resolución de incoación no Diario Oficial de Galicia a abrir un trámite de información pública por un período dun mes, no cal se puideron presentar as alegacións que se consideraron oportunas. Para tales efectos, a documentación do expediente estivo á disposición do público nas oficinas da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, sen que se presentase ningunha alegación nin durante este período nin posteriormente.

A incoación notificouse aos seus titulares e foi posteriormente publicada no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 274, do 15 de novembro de 2013). Os bens foron daquela inscritos provisionalmente no Rexistro de BIC.

Como parte dos trámites necesarios para a declaración, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural solicitou informe aos órganos consultivos a que fai referencia a Lei do patrimonio cultural de Galicia, en concreto á Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, á Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario e ao Consello da Cultura Galega. Os informes dos órganos consultivos resultaron favorables á declaración e sinalaron a relevancia da colección e os seus valores, así como a conveniencia da declaración. Entre os datos de interese para a declaración está o do propio contexto temporal das pezas, cuxos informes determinan claramente a súa localización, confirmando a presenza de pezas procedentes de xacementos de clara ocupación galaico-romana e, polo contrario, outra de período posterior, que presenta dúbidas sobre a súa orixe. Por esta circunstancia, non se aconsella utilizar o termo prerromano na identificación da colección.

Á vista das consideracións devanditas, e despois de rematar a instrución do expediente administrativo, no cal se conclúe o valor sobranceiro dos bens identificados, cómpre proceder á súa resolución definitiva.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e un de maio de dous mil quince,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar ben de interese cultural a colección de ourivaría Álvaro Gil Varela segundo a descrición e os criterios básicos para a súa protección que constan nos anexos I e II deste decreto.

Segundo. Incluír os bens obxecto deste decreto no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural de Galicia e dar conta ao Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural e o Inventario xeral de bens mobles da Administración xeral do Estado.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e un de maio de dous mil quince

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I
Relación de bens

1º. GARGANTILLA DE TIRAS DE MONTE DOS MOUROS:

Nº inventario: 1974/2/12.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminación, martelamento, puntillamento.

Dimensións: alt.: 5/3,5 cm; lonx.: 40 cm.

Peso: 138,88 gr.

Procedencia: Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: 1800-1600 a.C.

Conservación: boa.

2º. GARGANTILLA DE TIRAS DE MONTE DOS MOUROS II:

Nº inventario: 1974/2/6.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminación, martelamento, puntillamento.

Dimensións: alt.: 3,5×3 cm; lonx.: 30 cm.

Peso: 57,05 gr.

Procedencia: Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: 1800-1600 a.C.

Conservación: regular; fáltalle unha das oito tiras orixinais e está fracturada nun extremo.

3º. COLAR DE CHANS DE BARBANZA:

Nº inventario: 1974/2/13.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento, soldadura.

Dimensións: diámetro 13 cm; lonx. 40 cm.

Peso: 147,25 gr.

Procedencia: Chaos de Barbanza, Boiro, A Coruña.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: 1800-1600 a.C.

Conservación: boa.

4º. TORQUE SEN REMATES:

Nº inventario: 1974/2/43.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento.

Dimensións: lonx.: 31 cm; larg.: 8,5 cm; grosor: 0,4 cm.

Peso: 75,38 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexo inicial.

Cronoloxía: S.s. IX-VII a.C.

Conservación: boa; presenta tres marcas na parte central interna da variña.

5º. TORQUE DA RECADIEIRA I:

Nº inventario: 1974/2/16.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento, soldadura.

Dimensións: lonx.: 38 cm; diám.: 16,6 cm; grosor: 0,7 cm; terminais alt.: 2,3 cm.

Peso: 238,16 gr.

Procedencia: castro da Recadieira, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: boa.

6º. TORQUE DE MELIDE:

Nº inventario: 1974/2/17.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento, soldadura.

Dimensións: lonx.: 32 cm; diám.: 20 cm; grosor: 1,3 cm; terminais alt.: 3,4 cm.

Peso: 399,1 gr.

Procedencia: castro próximo a Melide, A Coruña.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: boa.

7º. TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/42.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento e soldadura.

Dimensións: lonx.: 34 cm; diám.: 15 cm; grosor: 0,9 cm; terminais alt.: 2,6 cm.

Peso: 159,37 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: boa.

8º. FRAGMENTO DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/18.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento, estampación.

Dimensións: lonx.: 20 cm; grosor: 0,6 cm; remate alt.: 2,5 cm.

Peso: 136,72 gr.

Procedencia: castro próximo a Viveiro ou a Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV a.C.-I d.C.

Conservación: boa.

9º. FRAGMENTO EXTREMO TERMINAL DUNHA VARIÑA DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/19.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento, puntillamento e estampación.

Dimensións: lonx.: 17 cm; grosor: 0,7 cm.

Peso: 72,41 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I d.C.

Conservación: boa.

10º. FRAGMENTO TERMINAL DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/39.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento e soldadura.

Dimensións: lonx.: 10 cm; grosor: 0,5 cm; terminal alt.: 2,9 cm.

Peso: 55,69 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: boa.

11º. FRAGMENTO TERMINAL DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/20.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento, soldadura.

Dimensións: lonx.: 9 cm; grosor: 0,5 cm; terminal alt.: 3,3 cm.

Peso: 48,21 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: s. IV-I a.C.

12º. FRAGMENTO DO TORQUE DA VALIÑA I:

Nº inventario: 1974/2/28.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 12 cm; grosor: 0,4 cm.

Peso: 12,83 gr.

Procedencia: A Valiña (preto do castro de Masma), Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV a.C.-I d.C.

Conservación: boa.

13º. FRAGMENTO DO TORQUE DA VALIÑA II:

Nº inventario: 1974/2/27.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleiramento en molde á cera perdida.

Dimensións: lonx.: 10 cm; grosor: 0,8 cm.

Peso: 50,38 gr.

Procedencia: A Valiña (preto do castro de Masma), Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV a.C.-I d.C.

Conservación: boa.

14º. FRAGMENTO DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/23.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 9,7 cm; grosor: 0,5 cm; terminal alt.: 2,2 cm.

Peso: 24,72 gr.

Procedencia: lugar indeterminado de Melide, A Coruña. (¿?).

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. III-I a.C.

Conservación: boa.

15º. FRAGMENTO DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/24.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 8,5 cm; grosor: 0,4 cm; terminal alt.: 2,2 cm.

Peso: 21,19 gr.

Procedencia: lugar indeterminado de Melide. A Coruña. (¿?).

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. III-I a.C.

Conservación: boa.

16º. FRAGMENTO DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/25.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición.

Dimensións: lonx.: 12,15 cm; grosor: 0,4 cm; remate alt: 2,15 cm.

Peso: 24,12 gr.

Procedencia: lugar indeterminado de Melide, A Coruña. (¿?).

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. III-I a.C.

Conservación: boa.

17º. TORQUE DE VILADONGA:

Nº inventario: 1974/2/21.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 30 cm; diám.: 13 cm; grosor: 0,8 cm; remates alt.: 2,2 cm.

Peso: 161,04 gr.

Procedencia: castro de Viladonga, Castro de Rei, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. II-I a.C.

Conservación: boa.

18º. TORQUE DE VIVEIRO:

Nº inventario: 1974/2/41.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 36 cm; diám.: 13,7 cm; grosor: 0,9 cm; remates alt.: 2,7 cm.

Peso: 218,50 gr.

Procedencia: proximidades de Viveiro, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. II-I a.C.

Conservación: boa.

19º. FRAGMENTO DO TORQUE DE CENTROÑA:

Nº inventario: 1974/2/22.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 23 cm; grosor: 0,9 cm; remate alt.: 3,7 cm.

Peso: 170,36 gr.

Procedencia: Castrelo, Centroña, Pontedeume, A Coruña.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. II-I a.C.

Conservación: boa.

20º. TORQUE DO CU DO CASTRO:

Nº inventario: 1974/2/15.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro (a súa cor delata ou ben unha aliaxe ou unha alma doutro metal).

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 37,7 cm; diám.: 16 cm; grosor: 2 cm; terminal alt.: 4,2 cm.

Peso: 523,29 gr.

Procedencia: Cu do Castro, punta de Marzán, Foz, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. III a.C.-I d.C.

Conservación: regular; fáltalle un dos remates.

21º. TORQUE DA RECADIEIRA II:

Nº inventario: 1974/2/14.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 39 cm; diám.: 22 cm; grosor: 1,25 cm; terminais alt.: 3,5 cm.

Peso: 1.182,66 gr.

Procedencia: castro da Recadieira, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. III a.C.-I d.C.

Conservación: boa.

22º. TORQUE DE BURELA:

Nº inventario: 1974/2/40.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: lonx.: 59,5 cm; diám.: 21,5 cm; grosor: 1,9 cm; remates alt.: 6,9 cm.

Peso: 1.812 gr.

Procedencia: Chao do Castro, Burela, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. II a.C-I d.C.

Conservación: boa.

23º. TORQUE DE MONDOÑEDO (TORQUE DA RECADIEIRA):

Nº inventario: 1974/2/26.

Uso: adorno de pescozo.

Materia: prata.

Técnica: fundición, soldadura, incisión.

Dimensións: lonx.: 46,5 cm; diám.: 15,5 cm; grosor: 0,7 cm.

Peso: 102,54 gr.

Procedencia: castro da Recadieira, Nosa Señora dos Remedios, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: celtibérica.

Cronoloxía: S.s. III-I a.C.

Conservación: regular; presenta unha fractura nun dos seus laterais.

24º. ARO OU POSIBLE ADORNO DE BRAZO:

Nº inventario: 1974/2/1.

Uso: adorno de brazo. (¿?).

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleiramento a molde.

Dimensións: lonx.: 18,5 cm; diám.: 7,3 cm; grosor: 0,7 cm.

Peso: 93,50 gr.

Procedencia: castro indeterminado próximo a Lugo.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: ca. 1800-1600 a.C.

Conservación: boa.

25º. ARO:

Nº inventario: 1974/2/2.

Uso: adorno de brazo. (¿?).

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleiramento a molde.

Dimensións: lonx.: 18 cm; diám.: 6,2 cm; grosor: 0,75 cm.

Peso: 100,6 gr.

Procedencia: castro indeterminado próximo a Lugo.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: ca. 1800-1600 a.C.

Conservación: boa.

26º. BRAZALETE MELIDENSE (BRAZALETE DE MELIDE):

Nº inventario: 1974/2/3.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleiramento á cera perdida (derivado do tipo Villena/Estremoz).

Dimensións: lonx.: 22 cm; alt.: 3,6 cm; diám.: 8,5 cm.

Peso: 185,98 gr.

Procedencia: próximo ao castro do Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: idade do bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a.C.

Conservación: boa.

27º. PULSEIRA DA URDIÑEIRA (BRAZALETE DA URDIÑEIRA):

Nº inventario: 1974/2/4.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición á cera perdida (derivada do tipo Villena/Estremoz).

Dimensións: lonx.: 24,2 cm; alt.: 5,2 cm; diám.: 7,5 cm.

Peso: 131,66 gr.

Procedencia: Parada da Serra, A Gudiña, Ourense.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: ca. 1700-1500 a.C.

Conservación: boa.

28º. BRAZALETE DA URDIÑEIRA (PULSEIRA DA URDIÑEIRA):

Nº inventario: 1974/2/5.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batemento, puntillamento.

Dimensións: lonx.: 18,9 cm; alt.: 4,2 cm; diám.: 6,5 cm.

Peso: 95,87 gr.

Procedencia: Parada da Serra, A Gudiña, Ourense.

Cultura: bronce inicial.

Cronoloxía: ca. 1600-1500 a.C.

Conservación: boa.

29º. PULSEIRA MELIDENSE (PULSEIRA DE MELIDE):

Nº inventario: 1974/2/7.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batemento.

Dimensións: lonx.: 17 cm; alt.: 0,6 cm; diám.: 5,7 cm.

Peso: 7,92 gr.

Procedencia: Monte dos Mouros, S. Martiño de Oleiros, Toques, A Coruña.

Cultura: idade do bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a.C.

Conservación: regular.

30º. BRAZALETE DE MOIMENTA I:

Nº inventario: 1974/2/8.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminación, repuxadura.

Dimensións: lonx.: 17 cm; alt.: 3,9 cm.

Peso: 18,88 gr.

Procedencia: Coto dos Castros, Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Cultura: idade do bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a.C.

Conservación: boa.

31º. BRAZALETE DE MOIMENTA 2:

Nº inventario: 1974/2/9.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, laminación, repuxadura.

Dimensións: lonx.: 17 cm; alt.: 3,6 cm.

Peso: 17,9 gr.

Procedencia: Coto dos Castros, Arnois, A Estrada, Pontevedra.

Cultura: idade do bronce.

Cronoloxía: ca. 1600-1000 a.C.

Conservación: boa.

32º. BRAZALETE DE OURENSE:

Nº inventario: 1980/12/1(11). Nº rexistro: 8.483.

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, baleiramento á cera perdida (tecnoloxía Villena/Estremoz).

Dimensións: lonx.: 21,8 cm; alt.: 2,5 cm; diám.: 7,1 cm.

Peso: 122,10 gr.

Procedencia: lugar indeterminado da provincia de Ourense.

Cultura: bronce final.

Cronoloxía: ca. S.s VII-VI a.C.

Conservación: boa.

33º. BRAZALETE/TORQUE DE RIOTORTO:

Nº inventario: 1974/2/10.

Uso: adorno de brazo. (¿).

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento.

Dimensións: lonx.: 33 cm; diám.: 8,9 cm; grosor: 0,6 cm; remates alt.: 2,1 cm.

Peso: 112,32 gr.

Procedencia: croa de S. Pedro de Riotorto, Riotorto, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: boa.

34º. BRAZALETE:

Nº inventario: 1974/2/44.

Outros nº: CO-51. N.P.-páx. 32 «fóra de inventario…

Uso: adorno de brazo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: lonx.: 21 cm; diám.: 7,95 cm; grosor: 0,4 cm; remates, alt.: 1,3 cm.

Peso: 60,95 gr.

Procedencia: descoñecida.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: boa.

35º. ARRACADA DE MASMA I:

Nº inventario: 1974/2/29.

Uso: adorno de orella.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura.

Dimensións: eixe horizontal: 3,7 cm; alt.: 3 cm; grosor: 0,8 cm.

Peso: 7 gr.

Procedencia: A Valiña, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: moi deteriorada, fragmentada.

36º. ARRACADA DE MASMA II:

Nº inventario: 1974/2/30.

Uso: adorno de orella.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, granulación.

Dimensións: eixe horizontal: 3,7 cm; alt.: 3 cm; grosor: 0,8/0,9 cm.

Peso: 6 gr.

Procedencia: A Valiña, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C.

Conservación: moi deteriorada; carece de case toda a lámina que cubría as dúas caras.

37º. ARRACADA DE BURELA:

Nº inventario: 1976/4/2.

Uso: adorno de orella.

Materia: ouro.

Técnica: soldadura, filigrana, granulación.

Dimensións: eixe horizontal: 2,3 cm; alt.: 1,85 cm; grosor: 0,6 cm.

Peso: 4,4 gr.

Procedencia: Burela, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. II-I a.C.

Conservación: boa.

38º. 5 FRAGMENTOS DE ESPIRAIS:

Nº inventario: 1974/2/35/36/37.

Uso: adornos de pelo.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana.

Dimensións: diám.: 3,5 cm; grosor: 0,5 cm; lonx. remates: 1,65 cm.

Peso: 63,2 gr. (en conxunto).

Procedencia: orixe incerta da provincia de Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV a.C.-I d.C.

Conservación: regular, fracturados en 5 partes.

39º. LÁMINA CALADA I:

Nº inventario: 1974/2/31.

Uso: para revestir algún obxecto ou vestimenta.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batemento.

Dimensións: lonx.: 2,8 cm; alt.: 1,35 cm.

Peso: 0,88 gr.

Procedencia: inmediacións do castro de Masma, Masma, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C. (¿?).

Conservación: boa.

40º. LÁMINA CALADA II:

Nº inventario: 1974/2/32.

Uso: para revestir algún obxecto.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, batemento.

Dimensións: lonx.: 2,6 cm; alt.: 1,4 cm.

Peso: 0,69 gr.

Procedencia: inmediacións do castro de Masma, Masma, Mondoñedo, Lugo.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: S.s. IV-I a.C. (¿?).

41º. CRAVO/REMATE DE TORQUE:

Nº inventario: 1974/2/34.

Uso: –.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento.

Dimensións: lonx.: 2,2 cm; grosor: 0,45 cm; cabeza: 1,1×0,9 cm.

Peso: 10,56 gr.

Procedencia: lugar indeterminado da provincia de Lugo.

Cultura: castrexa. (¿).

Cronoloxía: S.s. III-I a.C. (¿?).

Conservación: boa.

42º. ARAME I:

Nº inventario: 1974/2/33.

Uso: material en bruto.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento.

Dimensións: lonx.: 13 cm; grosor: 0,25 cm.

Peso: 8,20 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: –.

43º. ARAME II:

Nº inventario: 1974/2/38.

Uso: material en bruto.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, martelamento.

Dimensións: lonx. fío enrolado: 9 cm; lonx. fío transversal: 2,6 cm; grosor: 0,1 cm.

Peso: 1,9 gr.

Procedencia: orixe incerta.

Cultura: castrexa.

Cronoloxía: –.

Conservación: boa.

44º. CARNEIRO ALADO:

Nº inventario: 1976/4/1.

Uso: –.

Materia: ouro.

Técnica: fundición, soldadura, filigrana, granulación.

Dimensións: altura: 6,5 cm; largura: 6,5 cm; grosor: 2,5 cm.

Peso: 52,94 gr.

Procedencia: ría de Ribadeo (¿?), Lugo.

Cultura: peza inspirada na ourivaría seléucida.

Cronoloxía: –.

Conservación: boa.

ANEXO II
Réxime de protección

O réxime de protección dos bens mobles declarados bens de interese cultural implicará que gozarán da máxima protección e tutela e a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa conservación. Calquera cambio de uso deberá ser autorizado polos organismos competentes para a execución desta lei.

Así mesmo, a protección implica a necesaria autorización da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural nas actuacións de restauración e a obriga de comunicar os seus traslados, xa sexan temporais ou permanentes, ademais doutras consideracións relacionadas coa súa transmisión:

• Conservación: calquera modificación, restauración ou alteración doutro tipo requirirá autorización previa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Traslados: o traslado comunicarase á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a súa anotación no Rexistro de Bens de Interese Cultural, indicando a súa orixe e destino e se aquel traslado se fai con carácter temporal ou definitivo.

• Limitacións da transmisión. Os bens que sexan propiedade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais serán imprescritibles, inalienables e inembargables, agás as transmisións que poidan efectuarse entre entes públicos territoriais.

• Expropiación. O incumprimento das obrigas de protección e conservación será causa de interese social para a expropiación forzosa por parte da Administración competente.

Difusión dos valores culturais da colección

Estímase necesario, como recomendan os informes dos órganos consultivos, que co obxecto de afondar na información que as pezas da colección fornecen como documentos prehistóricos ou protohistóricos, se complemente o estudo e a documentación sobre o seu contexto cultural, para complementar o seu importante valor informativo nunha etapa clave na prehistoria e historia de Galicia, aspecto no cal a colección non é só relevante senón practicamente única a nivel galego e mesmo europeo.