Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2015 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña de loita contra o furtivismo dos produtos do mar de Galicia (3 lotes), procedemento cofinanciado pola Unión Europea–Fondo Europeo da Pesca -FEP- nun 75 % (expediente 26/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento dunha campaña de loita contra o furtivismo dos produtos do mar de Galicia.

c) División por lotes e número: si.

Lote nº 1: edición de material publicitario; lote nº 2: valados e lote nº 3: plan de medios.

d) Prazo de execución: o servizo estenderase desde o día seguinte ao da sinatura do contrato e ata o 30 de novembro de 2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79824000-6, 79341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 650.000,00 €; IVE (21 %): 136.500,00 €. Importe total: 786.500,00 € (a distribución por lotes especifícase no prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 650.000,00 €.

5. Financiamento: cofinanciado polo Fondo Europeo de Pesca-FEP nun 75 %, e nun 25 % fondos propios da Comunidade Autónoma.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: para o lote 1 e 2 non se exixe clasificación, para o lote 3: grupo T, subgrupo1, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (para licitadores non españois de Estados membros da Unión Europea): segundo o disposto nas alíneas J e K da folla de especificacións.

7. Garantía exixida. Definitiva: para cada un dos lotes 1 e 2 constituirase unha garantía do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, e para o lote 3 do 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (30.000 €).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 44 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 62 61 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22468

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 22 de xuño de 2015.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura do sobre B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 3 de xullo de 2015.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio previo ao Diario Oficial de la Unión Europea: 4 de marzo de 2015, data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de maio de 2015.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar