Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21844

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 25 de maio de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais (expediente 29/2015).

Advertido erro no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 29 de maio de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 21156, onde di: «Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, neste caso prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte», debe dicir: «Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de ofertas recollido, no punto 9.a) da dita resolución.