Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21790

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2015 pola que se fai público o esgotamento do crédito previsto na Resolución do 4 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2015.

A Resolución do 4 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 29 de decembro de 2014), en cumprimento do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece na súa cláusula novena que, unha vez esgotado o crédito, o órgano xestor deberá publicar o esgotamento da partida orzamentaria e a inadmisión de posteriores solicitudes.

A resolución establece que o financiamento destas axudas se efectuará con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, a través dos créditos consignados na aplicación 2015.09.A1.432.B.470.0, polo importe global de 350.000 euros.

Unha vez resoltas as solicitudes presentadas ao abeiro da citada resolución, constátase que o día 29 de maio de 2015 se esgotou o crédito dispoñible para a concesión destas subvencións, incluíndo solicitudes recibidas ata o día 2 de maio de 2015 no Rexistro da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Considerando o exposto anteriormente, e de conformidade co establecido no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procede facer público o esgotamento do crédito consignado na Resolución do 4 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2015.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Cláusula única.

Comunícase que o día 29 de maio de 2015 se esgotou o crédito dispoñible para as subvencións convocadas pola Resolución do 4 de decembro de 2014 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2015 (aplicación orzamentaria 2015.09.A1.432B.470.0), incluíndo solicitudes recibidas ata o día 2 de maio de 2015, polo que as solicitudes recibidas a partir da publicación da presente resolución serán inadmitidas.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2015

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais