Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21792

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2015 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2015

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2015

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para a incorporación de GAIN á rede PI+D+i, coordinada polo CDTI.

10.3.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Univesidade de Santiago de Compostela e a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia para a realización de prácticas de alumnos do máster universitario de Desenvolvemento Económico e Innovación da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

16.3.2015

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne para o desenvolvemento de proxectos de I+D+i no ámbito do sector cárnico.

22.4.2015

5.500.000,00