Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21867

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de licitación do expediente de contratación 2015000251.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de cafetaría e restauración nas instalacións do centro emisor da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e Televisión de Galicia, S.A. (TVG) en Bando, San Marcos, Santiago de Compostela.

3. Orzamento base de licitación: estimado de 121.000 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: 2 anos (con posibilidade de prórroga de 2 anos máis).

5. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: 5 por cento do orzamento base de licitación.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es .

9. Lugar de presentación das ofertas: Compañía de Radio-Televisión de Galicia, Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns, Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario (aprox. 2.000 euros).

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es .

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2015

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.