Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 4 de xuño de 2015 Páx. 21869

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Comarcal Contra Incendios e de Salvamento da Limia

ANUNCIO de convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de subministración dun vehículo de rescate en altura (32 m) suxeito a regulación harmonizada.

De conformidade co Acordo do Pleno do Consorcio Comarcal contra Incendios e de Salvamento da Limia, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de subministración dun vehículo de rescate en altura (32 m) para o Consorcio Comarcal contra Incendios e de Salvamento da Limia, suxeito a regulación harmonizada, conforme aos seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consorcio Comarcal contra Incendios e de Salvamento da Limia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Concello de Sandiás.

2º. Domicilio: Campo San Nicolás, nº 2, Sandiás.

3º. Localidade e código postal: Sandiás 32630.

4º. Teléfono: 988 46 50 01.

5º. Telefax: 988 44 60 48.

6º. Correo electrónico: miguelangel.rodriguez.sandias@eidolocal.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.depourense.es, plataformas de contratación do Estado e da Xunta de Galicia.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: cinco días anteriores aos da data que corresponda á recepción das ofertas.

d) Número de expediente: 1/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de vehículo de rescate en altura (32 metros).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non ten.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Domicilio: Parque de Bombeiros do Consorcio Comarcal Contra Incendios e de Salvamento da Limia.

2º. Localidade e código postal: Xinzo de Limia 32630.

e) Prazo de execución/entrega: nove (9) meses.

f) Admisión de prórroga: o prazo contractual unicamente se prorrogará cando concorran as circunstancias e os requisitos exixidos pola lexislación vixente e apreciadas polo órgano de contratación.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 34144211 - … Camións con escaleira xiratoria.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

c) Puxa electrónica: non se prevé.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 22 do prego de cláusulas.

4. Valor estimado do contrato: 600.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 495.867,77 euros. Importe total: 600.000,00 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe): non se exixe.

Definitiva (%): 5 %.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exixirase segundo a cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite: 17 de xullo de 2015.

b) Modalidade de presentación: presencial.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Secretaría do Concello de Sandiás.

2º. Domicilio: Campo de San Nicolás, nº 2.

3º. Localidade e código postal: Sandiás 32630.

Apertura de ofertas: a) Enderezo: Parque de Bombeiros do Consorcio Comarcal contra Incendios e de Salvamento da Limia. Avenida de Ourense, 190, Xinzo de Limia. b) Data e hora: terá lugar o acto público dentro dos vinte días hábiles seguintes ao da finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 26 de maio de 2015.

Ourense, 26 de maio de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente