Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Alfonso Aizpiri Fernandez como representante legal de Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L., con NIF B-48646558, con sede en r/ Euskalduna, nº 5 ext. 1º dta., 48008 Bilbao (Vizcaya), para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ten en consideración os seguintes

Feitos.

Primero. Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L. foi acreditada por ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, para as actividades de Inspección na Área Medioambiental, segundo os criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17020, tal e como consta no certificado de acreditación nº 221/EI409, do 1.10.2010 (anexo técnico revisión 5) con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. Con data do 29 de abril de 2015, Alfonso Aizpiri Fernández, como representante legal de Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L., presentou escrito no que solicita, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se apoba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle conceda a autorización para actuar como organismo de control, nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, acompañaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro. Autorizar a Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L., para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Inspección na área ambiental para:

• Solos potencialmente contaminados e augas subterráneas asociadas.

• Instalación de xeo-sintéticos como sistema de impermeabilización de vertedoiros, balsas e depósitos de lixiviados.

Segundo. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, podendo ser suspendida ou revogada ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, cando o sexan as citadas acreditacións de ENAC.

Terceiro. Lurgintza Ingeniería Geológica, S.L. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos puntos primeiro e segundo, respectivamente, debendo, en calquera caso, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou, ao inicio da súa actividade.

Cuarto. Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, ao día seguinte de producirse calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental