Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22237

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza número 637/2014, do 10 de xullo, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a sección segunda da sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 10 de xullo de 2014, pronunciou a sentenza número 637/2014, ditada no procedemento ordinario nº 4908/2012, interposto por Vodafone España, S.A., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Vodafone España, S.A. contra a Orde do 27.6.2012 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Marín, e anulamos, por non ser conformes a dereito, os seguintes artigos da súa normativa: 173; 175, puntos 1 e 4; 176, puntos 1, 2 e 6; 177; 178.2; 178.3 e 179 en canto dispoñen que as instalacións deben situarse no solo rústico; 181 e 184.5 en canto exixen un seguro de responsabilidade civil; 182 no relativo ao recuamento e superficie dos contedores; 184 en canto limita o establecemento das instalacións en solo urbano; 184.4; 186.1 en canto ao uso compartido; e 196. No demais desestímase o recurso. Non se fai imposición das custas do proceso».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2015

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo