Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 20 de maio de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a Industrias González, S.L., con CIF B36008555, a resolución de caducidade da autorización de recursos da sección A) Espiño número 240, sito no termo municipal de Agolada, provincia de Pontevedra.

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase a Industrias González, S.L. con CIF B36008555 a resolución de autorización de recursos da sección A) Espiño nº 240, no termo municipal de Agolada (Pontevedra) como titular, polas causas previstas no artigo 106.c) e d) do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigo 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Pontevedra, 20 de maio de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra