Mónica Rubia López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fai saber que no presente procedemento de xuízo ordinario 1070/2013, seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. fronte a Ernesto Moreno Villanueva, se ditou sentenza con data do 16 de abril de 2015.
E ao estar o demandado Ernesto Moreno en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Fáiselles saber aos interesados que se poderán dirixir a esta oficina co fin de ter coñecemento íntegro do acto.
Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte (20) días contado desde o seguinte ao da notificación.
A Coruña, 16 de abril de 2015
A secretaria xudicial