Anxo Gómez Santos, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que en virtude do acordado nos autos de xuízo verbal número 394/2014, polo presente edicto notifícase a Abel Eduardo García García a sentenza con data do 20 de febreiro de 2015, ditada no presente procedemento, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:
«Sentenza: 18/2015.
Vigo, 20 de febreiro de 2015.
Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 394/2014 se seguen por instancia de Reale Seguros Generales, S.A., que actuou no proceso representada polo procurador José Francisco Vaquero Alonso e asistida de letrado Carlos Fontás Domínguez contra Abel Eduardo García García, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha acción de repetición dun cobramento indebido.
Estimo totalmente a demanda formulada interposta por Reale Seguros Generales, S.A., contra de Abel Eduardo García García, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º. Condeno a Abel Eduardo García García a devolverlle a Reale Seguros Generales, S.A., a cantidade de 2.378,99 euros que indebidamente lle foi aboada, reportando aquela cantidade unha indemnización pola demora equivalente ao xuro legal dos cartos, desde a data da formulación da demanda. Que será o xuro legal, incrementado en dous puntos, contado desde a data da presente sentenza.
2º. Condeno a Abel Eduardo García García a pagar as custas procesuais.
Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lle fará saber que esta é firme e que contra ela non cabe recurso de ningún tipo.
Así ou acordo, mando e asino.
Vigo, 20 de febreiro de 2015
O secretario xudicial