Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 8 de xuño de 2015 Páx. 22220

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (704/2014).

Luis Diego Espino Hernández, secretario xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 10 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario nº 704/2014 seguido por instancia de NCG Banco, S.A. fronte a María Esther Meunier e Sergio Omar Rodríguez Castaños se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Xuíz que a dita: Ana Araceli Muñoz Martin.

Lugar: Vigo.

Data: 23 de febreiro de 2015.

Demandante: NCG Banco, S.A.

Avogado: Prudencio Barreiro Castro.

Procuradora: Gisela Álvarez Vázquez.

Demandados: María Esther Meunier e Sergio Omar Rodríguez Castaños.

Avogada: Esther Bueno Rey.

Procuradora: Sara Dacal Ruiz.

Procedemento: procedemento ordinario 704/2014.

Decisión.

Estimando parcialmente a demanda interposta por NCG BANCO, S.A. fronte a María Esther Meunier e Sergio Omar Rodríguez Castaños, debo condenar e condeno a estes a aboar á demandante en forma solidaria a cantidade de 5.911,62 euros máis os xuros legais desde a reclamación extraxudicial, burofax do 5 de novembro de 2013.

Non se fai declaración de condena en custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 L.E.C.).

Conforme a D.A. décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa: beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, a comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Santander na conta deste expediente 3641.0000.04.0704.14 indicando, no campo «concepto» a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación «recurso» seguida do código «02 Civil-Apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución recorrida co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura maxistrada xuíza)

E encontrándose o devandito demandado, María Esther Meunier, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 25 de marzo de 2015

O secretario xudicial