Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 3 de Tui, por este anuncio:
No presente procedemento JVB 471/12, seguido por instancia de Transleche, S.A. contra Jorge Alfonso Caetano, ditouse a Sentenza 91/2014 cuxo teor literal é o seguinte:
Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola representación procesual de Transleche, S.A. contra Jorge Alfonso Caetano e así condeno este remitíndome ao disposto na referida sentenza.
Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado, do que coñecerá a Ilustre Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación de ter depositado a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste suporá a perda do depósito.
Ao estar o dito demandado, Jorge Alfonso Caetano, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Tui, 28 de xaneiro de 2015
A secretaria xudicial